Mediante este anuncio convócase para o vindeiro 9 de maio de 2026, no Centro sociocultural de Tenorio, ás 15.00 horas en primeira convocatoria e ás 15.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria para a aprobación dos puntos que procedan da seguinte orde do día:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe de xestión e obras.
3. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
4. Aprobación de contas e orzamentos.
5. Actualización de prezos.
6. Cambios de titularidade.
7. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións en nome da Comunidade.
8. Límites de consumo.
9. Rogos e preguntas.
Tenorio, 3 de marzo de 2026
María García Couto
Presidenta da Comunidade de Augas de Laxe Tenorio-Xanique Val do Fento
