Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Corporación, do 30 de novembro de 2023, anunciada no DOG núm. 230, do 4 de decembro, convocouse un proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías da Corporación.
Mediante a Resolución da Dirección Xeral, do 23 de febreiro de 2026, desígnanse persoal laboral fixo, para a formalización do correspondente contrato, as persoas que superaron o proceso de selección e acreditaron estar en posesión dos requisitos necesarios. Coa publicación da resolución na páxina web da Corporación (https://www.crtvg.es/) dáse por concluído o proceso selectivo convocado.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026
María Concepción Pombo Romero
Directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia
