Mediante a Resolución reitoral do 12 de decembro de 2025 (DOG do 5 de xaneiro e BOE do 19 de febreiro de 2026), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de condutor/a, grupo IV.1, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, pola quenda de acceso libre, nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
(Resolución da Secretaría Xeral, do 12 de marzo de 2026)
Antonio López Díaz
Reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela
