DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19809

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2026 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio da fase de oposición (proba de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada.

Mediante a Resolución reitoral do 10 de novembro de 2025 (DOG do 24 de novembro e BOE do 4 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico de prevención de riscos laborais, nas especialidades de seguridade no traballo ou hixiene industrial ou ergonomía e psicosocioloxía aplicada, grupo II, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2026 (DOG do 22 de xaneiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivaran a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do primeiro exercicio da fase de oposición (proba de lingua galega) o día 5 de maio de 2026, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Servizo de Prevención de Riscos da USC, na avenida das Ciencias, 6, 3º andar, Campus Sur, Santiago de Compostela.

A publicación dos anuncios de realización dos vindeiros exercicios será efectuada polo tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web mencionada no punto segundo, así coma en calquera outro lugar que considere oportuno.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

(Resolución da Secretaría Xeral, do 12 de marzo de 2026)
Antonio López Díaz
Reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela