BDNS (Identif.): 893490.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/893490
Primeiro. Persoas beneficiarias
Serán persoas beneficiarias os/as estudantes matriculados/as en titulacións oficiais de grao ou máster universitario na Universidade de Vigo no curso 2025/26.
Segundo. Obxecto
O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, e residir nel, con fin de coñecelo en profundidade e convivir e colaborar coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado, para o curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de sesenta e dous mil seiscentos setenta e sete euros con sesenta e seis céntimos (62.677,66 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o 17 de marzo ao 9 de abril de 2026.
Vigo, 16 de marzo de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
