DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 25 de marzo de 2026 Páx. 19793

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-máster, para estudantado do Campus de Ourense durante o curso 2025/26.

BDNS (Identif.): 893630.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvenciones:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/893630

Primeiro. Persoas beneficiarias.

Serán persoas beneficiarias os/as alumnos/as que están matriculados/as en titulacións de máster universitario en centros propios do Campus de Ourense no curso 2025/26.

Segundo. Obxecto.

O obxecto das axudas é atender o custo económico que supón realizar estudos de máster universitarios para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia distantes dos campus universitarios e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.

Terceiro. Bases reguladoras.

Resolución do 16 de marzo de 2026 pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-máster, para estudantado do Campus de Ourense, durante o curso 2025/26.

Cuarto. Contía.

A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de cinco mil euros (5.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será desde o 17 de marzo ata o 10 de abril de 2026.

Vigo, 16 de marzo de 2026

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Francisco Javier Rodríguez Rajo
Vicerreitor do Campus de Ourense