DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2026 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Garrido I.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 10 de marzo de 2025, Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**) solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Garrido I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura sobre a tramitación do expediente é favorable.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Camboño, S.L. (B75830273), da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Garrido I.

Situación:

Cuadrícula número: 21.

Polígono: A.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 20.1.1958.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Crisanto Darío Marcelino Canosa (***3840**).

Nova titular: Camboño, S.L. (B75830273).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública, e especialmente queda subrogada en todas as obrigas contraídas polo transmitinte en relación coas subvencións tramitadas, concedidas e percibidas mediante os expedientes PE205F-2023-00067 e PE205F-2025-00013, en concepto de subvencións para investimentos produtivos no ámbito da acuicultura, por importes de 5.117,50 € e 6.972,50 €, respectivamente. Así mesmo, a nova titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) número 1303/2013, do 17 de decembro (DOUEL núm. 347, do 20 de decembro).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 18 de marzo de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo