En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 144 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a solicitude de modificación da concesión de augas outorgada ao Concello de Vilasantar o 25 de xaneiro de 2016, co engadido dunha captación adicional, polo que resultan as características seguintes:
Solicitante: Concello de Vilasantar.
DNI: ****9100*.
Expediente: DH.A15.43861.
Volume total anual: 25.550 m³/ano.
Destino: abastecemento municipal.
Orixe: manancial (a) e pozo de barrena (b).
Lugar: Sante de Arriba (a) e O Seixo (b).
Parroquia: A Ciadella (Santa María) (a) e San Vicenzo de Curtis (b).
Concello: Sobrado (a) e Vilasantar (b).
Descrición do aproveitamento:
Solicítase a modificación da concesión outorgada o 25 de xaneiro de 2016 con captación nun manancial situado no lugar de Sante de Arriba, concello de Sobrado, co engadido dunha captación adicional mediante un pozo de barrena situado na parcela de referencia catastral 15091A004000210000HA, en San Vicenzo de Curtis, concello de Vilasantar, duns 40 m de profundidade con tubaxe de entubación de 140 mm de diámetro, desde o que se bombea o caudal ao depósito veciño de San Vicenzo. Prevese o uso deste pozo cando, por condicións meteorolóxicas de seca, o depósito precise dun reforzo.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704), Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
