DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20041

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 17 de marzo de 2026 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, anunciada pola Orde do 9 de febreiro de 2026 (código do posto IV.K10.00.000.15770.145).

Unha vez convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, anunciada pola Orde do 9 de febreiro de 2026 (DOG núm. 32, do 18 de febreiro), de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, anunciada pola Orde do 9 de febreiro de 2026 (DOG núm. 32, do 18 de febreiro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a funcionaria que se relaciona no anexo desta orde, conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG núm. 219, do 15 de novembro)
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral da Presidencia

ANEXO

Apelidos e nome: Ruiz Cotelo, Paula.

DNI: ***2237**.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: superior, escala de letrados.

Denominación do posto: asesor/a xurídico/a.

Código: IV.K10.00.000.15770.145.

Nivel: 30.

Dependencia: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Santiago de Compostela.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.