DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2026/002-1).

Expediente: IN407A 2026/002-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Subestación Meirama 220 kV. Adecuación Pos. 821 BESS Barcés.

Concello: Cerceda.

Feitos:

1. O día 7.1.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. O obxecto da adecuación da posición de liña 821 comprende a substitución dos TI existentes por novos TI no interior da cela, subministración e montaxe dos novos TT no interior da cela, nova porta de cofret e sobrecofret para adaptación das proteccións existentes a proteccións P2008 e subministración e montaxe de nova caixa de resistencias en soto de cables.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Subestación Meirama 220 kV. Adecuación Pos. 821 BESS Barcés, asinado por David Rabuñal Martínez, enxeñeiro técnico industrial, especialidade Electricidade, número de colexiado 3.481 da Coruña o 1.4.2025, con número de visado 1318-25-CO de 4.4.2025.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

3. Non se solicitou o informe preceptivo a ningunha Administración, organismo nin empresa de servizo público ou de interese xeral, por non existiren afeccións.

4. O día 27.2.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Cerceda e as súas características técnicas son as seguintes:

• Substitución de actuais TI por 3 TI de modelo ACJ-24 en interior da cela da Pos. 821. A relación considerada é de relación 150-300/5-5-5 A, a potencia e a clase de precisión considerada é 10 VA cl. 0,2S - 10 VA cl. 0,5 - 15 VA cl. 5P20 de Arteche.

• Subministración e montaxe de tres transformadores de tensión modelo UXJ-24 en interior da cela da posición 821. A relación considerada é de relación 22: √3 / 0,11: √3 - 0,11: √3 - 0,11:3 kV; 20 VA cl. 0,2 –20 VA cl. 0,5 – 50 VA cl. 3P de Arteche.

• Novo soporte para TT tipo UXJ-24, incluíndo resistencia de ferrorresonancia.

• Subministración e montaxe de nova porta de cofret e sobrecofret para ampliar a profundidade para adaptación de proteccións existentes a proteccións P2008.

• Subministración e montaxe de caixón de resistencias en soto de celdas.

• Subministración e montaxe de contadores de medida fiscal en armario RPM existente.

• Os servizos auxiliares xa están instalados na subestación.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• De ser o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se encontra dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) nº 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o sj1

eu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 4 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña