DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 19899

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026 pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se realicen no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

Primeiro. A Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se realicen no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A), publicada no Diario Oficial de Galicia número 14, do 22 de xaneiro de 2026, establece no seu artigo 5.3 que o procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e con base no disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei.

Segundo. O artigo 13.2 da dita orde establece que a concesión destas axudas se efectuará tendo en conta a data de presentación de cada unha das solicitudes, sempre que se cumpran os requisitos para poderen ser beneficiarias, e estará en calquera caso condicionada á existencia de crédito orzamentario.

Asi mesmo, no punto 3 do dito artigo 13, engádese que de conformidade co artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia, o esgotamento do crédito establecido para esta subvención deberá publicalo no Diario Oficial de Galicia a Dirección Xeral de Cultura e comportará a inadmisión das solicitudes presentadas con posterioridade, aínda que a dita publicación sexa posterior ao esgotamento do dito crédito.

Terceiro. A Orde do 30 de decembro de 2025 destina no seu artigo 4 un orzamento de 30.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Cuarto. De conformidade co exposto, unha vez resoltas parte das solicitudes presentadas ao abeiro da referida Orde do 30 de decembro de 2025, aplicando como criterio de prioridade a data de presentación, constátase que se esgotou o orzamento dispoñible para a concesión das axudas.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito foi a correspondente ao expediente CT221A 2026, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 7 das bases reguladoras, o día 21 de febreiro de 2026, ás 20.19 horas.

En virtude do anterior, unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas na Orde do 30 de decembro de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na disposición derradeira primeira da citada orde,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito dispoñible con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.01 para as subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se realicen no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221A).

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 30.12.2025; DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2026)
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura