DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 19955

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 11 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026 (código de procedemento TR331A).

BDNS (Identif.): 894507.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894507

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas na presente orde:

a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a elas, sempre que, por si soas ou asociadas entre concellos, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2025 superior a 200 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).

Un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través dun convenio de colaboración.

b) As confederacións e asociacións empresariais e as organizacións sindicais de Galicia e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.

c) As seguintes entidades sen ánimo de lucro, que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras:

– Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade de acordo co recollido nos seus estatutos.

– Entidades especializadas na atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de risco de exclusión social (persoas en procesos de rehabilitación de adiccións, persoas procedentes de cumprimentos de penas penitenciarias, pertencentes a unha minoría étnica, muller vítima de violencia de xénero,...) de acordo co recollido nos seus estatutos.

– Entidades non incluídas nas dúas alíneas anteriores, que teñan entre as súas finalidades a atención ao colectivo de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade. As entidades desta epígrafe que non recibisen subvencións correspondentes a este procedemento en exercicios anteriores deben acreditar que teñen entre as súas finalidades estatutarias ou fundacionais a atención ao colectivo de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade e acreditar experiencia en accións de orientación laboral desenvoltas de acordo co previsto no artigo 3 destas bases reguladoras durante, polo menos, dous anos nos últimos 5. Para estes efectos, deberá achegarse no momento da solicitude a acreditación documental concreta referida á actividade desenvolta mediante a presentación de documentación das atencións realizadas adecuadamente anonimizada, programas executados, protocolos de actuación desenvoltos nos anos anteriores e calquera outra documentación xustificativa que a entidade considere oportuna. A documentación xustificativa deberá reflectir a atención a un número significativo de persoas en situación de vulnerabilidade.

Para os efectos desta orde, entenderase como entidade sen ánimo de lucro aquelas entidades en que concorra a forma xurídica de asociación ou fundación, segundo a clasificación establecida pola Administración tributaria en relación co número de identificación fiscal (letra G).

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios ou plans personalizados de actuación, dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego e servizos inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da incorporación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2026, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código de procedemento TR331A).

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 11 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026 (código de procedemento TR331A).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse 3.145.100 euros a entidades locais e 5.365.100 euros a entidades sen ánimo de lucro, o que supón un total de 8.510.200 euros.

Quinto. Contía

33.000 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, tomando como referencia os custos salariais e da Seguridade Social.

Adicionalmente, subvencionaranse os gastos que se xeran polo desenvolvemento das actividades indicadas no artigo 3 desta orde.

As contías dos módulos será de 800 euros por cada persoa técnica de orientación laboral contratada a tempo completo durante un período de 12 meses, polos conceptos establecidos no artigo 4.2 da orde de convocatoria.

No caso das entidades sen ánimo de lucro que teñan entre as súas finalidades estatutarias ou fundacionais e se dediquen prioritaria e habitualmente á realización de actividades de atención a persoas con discapacidade e no caso de agrupacións de concellos en cuxo convenio se detalle o desprazamento da persoa orientadora entre os concellos integrantes do convenio e as mancomunidades de municipios que realicen desprazamentos, a contía do módulo será de 2.700 euros por cada persoa técnica, polos conceptos establecidos no artigo 4.2 da orde de convocatoria.

Coa finalidade de cubrir o gasto xerado polo cumprimento do regulado no artigo 15 desta orde, as entidades afectadas pola obriga de presentar o informe de auditoría recibirán un módulo adicional de 1.500 euros.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración