Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, pola quenda libre, dunha praza da escala técnica do CUFIE (subescala de formación e innovación educativa), subgrupo A1, vacante na relación de postos de traballo de persoal funcionario desta universidade, convocada pola Resolución do 18 de xuño de 2024 (DOG do 28 de xuño).
Verificada a concorrencia no persoal aspirante aprobado dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.
De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e nos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro (DOG do 27 de outubro),
Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 136 dos estatutos desta universidade, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear funcionario de carreira da escala técnica do CUFIE (subescala de formación e innovación educativa), subgrupo A1, da Universidade da Coruña, o aspirante aprobado polo sistema de quenda libre que se relaciona no anexo.
Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante este reitorado, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 11 de marzo de 2026
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO
Escala técnica do CUFIE (subescala formación
e innovación educativa), subgrupo A1
|
DNI |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
2º exercicio |
3º exercicio |
Méritos |
Puntuación total |
|
***9018** |
Fociños |
Fernández |
José David |
15,84 |
23,00 |
22,78 |
61,62 |
