DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expediente DH.B36.14982 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), e ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por se detectar algún erro material, ditados en relación co expediente DH.B36.14982 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.14982

Dolores Oubiña Triñanes

13.2.2026

DH.B36.15241

Rogelio Ouzande Quinteiro

13.2.2026

DH.B36.15967

Alejandro Otero Rodríguez

13.2.2026

DH.B36.16449

María Digna Pérez Crespo

13.2.2026

DH.B36.16448

José Gabino Lara Pérez

13.2.2026

DH.B36.16210

María Salud Vidal Piñón

13.2.2026

DH.B36.12374

Herminio Pérez Pérez

13.2.2026

DH.B36.15755

Julio García García

13.2.2026

DH.B36.15680

Jesús Valladares García

13.2.2026