DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 26 de marzo de 2026 Páx. 20101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-71-P e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), e ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-71-P e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

E-71-P

Manuel Fernández Torres e Ramón Rey Rodríguez

3.3.2026

341-M-S

Luís Mato García

3.3.2026

211-M-S

Manuel Lodeiro Santiso

3.3.2026

E-55-7459-P

Carolina Areán Brea

3.3.2026

E-210-M-S

Aurelia Brandariz Cao e outros

3.3.2026

209-M-S

Generosa Salgado Curros

3.3.2026

E-30-P

Manuel Otero García

3.3.2026

E-1196-C

José Barreiro Recouso

3.3.2026

E-1333-C

José Juncal Gende

3.3.2026

DH.A27.3084

Concello de Mondoñedo

3.3.2026

DH.A27.02557

José Rodríguez Trashorras

3.3.2026

DH.A15.10509

Eladio Ferrero Fernández

3.3.2026

E-1160A-C

Manuel Iglesias Duro

3.3.2026

DH.A15.19973

María Celia Orgeira Purrinos

3.3.2026

DH.A36.11496

María Dolores Eguileta Franco

3.3.2026