De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), e ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados en relación co expediente E-1971-M e dez máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026
José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do trámite de audiencia |
|
E-1971-M |
José Escariz Expósito e outros |
3.3.2026 |
|
E-1969-M |
Jesús Quintía Pardo e outros |
3.3.2026 |
|
E-78-3610-L |
Daniel Varela Varela e outros |
3.3.2026 |
|
E-54-6254-L |
María del Carmen García Santos |
3.3.2026 |
|
5582-F-347 |
Ramón García Villaverde |
3.3.2026 |
|
4377-F-328 |
José López Blanco e outros |
3.3.2026 |
|
E-1141-C |
Jesús Barreiro Recouso e outros |
3.3.2026 |
|
DH.A15.11703 |
Canteras Prebetong |
3.3.2026 |
|
DH.A36.4164 |
Mercedes Pérez Aragunde |
3.3.2026 |
|
DH.A27.2137 |
Manuel Alvarado Vázquez |
3.3.2026 |
|
E-260-C (DH.T15.12633) |
Andrés Sánchez Gómez |
3.3.2026 |
