En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 23 de febreiro de 2026, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Outeiro da Fontiña, no concello de Cartelle, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 1 de xullo de 2025 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da CMVMC de Nogueiró, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Outeiro da Fontiña, no concello de Cartelle.
Segundo. Con data do 7 de xullo de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para efectuar as alegacións.
Terceiro No prazo concedido para efectuar as alegacións non consta que se presentase ningunha.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:
Nome do monte: Outeiro da Fontiña.
Superficie: 1,29 ha.
Pertenza: CMVMC de Santa Cateliña.
Parroquia: O Mundil (Santa María).
Concello: Cartelle.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio único.
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32021A05409001.
|
Parcelas obxecto de clasificación* |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Lindeiros |
Referencia catastral |
|
32021A05400178 (parte) 32021A05400179 (parte) 32021A05400180 (parte) 32021A05400181 (parte) 32021A05400191 (parte) 32021A05400192 (parte) 32021A05400555 (parte) 32021A05409001 (parte) 32021A05500385 (parte) 32021A05500386 (parte) 32021A05500387 (parte) 32021A05500615 (parte) 32021A05500616 (parte) 32021A05502212 (parte) |
Norte |
32021A05400178 (resto) 32021A05409001 (resto) 32021A05500387 (parte) 32021A05500386 (parte) 32021A05500385 (parte) 32021A05502212 (resto) |
|
Leste |
32021A05409001 (resto) 32021A05500614 32021A05500613 32021A05500615 (parte) 32021A05500616 (parte) 32021A05400178 (resto) |
|
|
Sur |
32021A05400178 (resto) 32021A05400460 32021A05400192 (resto) 32021A05400191 (resto) 32021A05400555 (resto) 32021A05400181 (resto) |
|
|
Oeste |
32021A05400180 (resto) 32021A05400179 (resto) 32021A05400178 (resto) |
|
*A relación de parcelas integrantes do predio correspóndese con parte do predio núm. 44 da ZCP de Mundil.
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Outeiro da Fontiña, no concello de Cartelle, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 3 de marzo de 2026
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense
