BDNS (Identif.): 894722.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894722
Primeiro. Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.
2. As persoas viticultoras cuxas solicitudes de axuda fosen aprobadas en convocatorias anteriores do Programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023) ou da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV 2024-2027), segundo corresponda, non poderán acceder á axuda nas dúas convocatorias seguintes, se:
a) Renunciaron á axuda dunha operación solicitada, unha vez aprobada, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de dez (10) días desde a súa notificación.
b) Non solicitaron o pagamento dunha operación aprobada, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda.
c) Non executaron unha operación aprobada para a que solicitaron o pagamento.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión do viñedo en Galicia e realizar a súa convocatoria para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e as condicións establecidas para esta intervención nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención Sectorial Vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común e das súas modificacións.
Terceiro. Bases reguladoras
Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 13 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR446A).
Cuarto. Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
