En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria,
RESOLVO:
Publicar no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia de Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.gal//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas, que se financiarán cun orzamento de 3.708.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2.761A.770.0, código de proxecto 2022 00001, que figuran no anexo, concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503J).
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
ANEXO
Subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia
|
Entidade beneficiaria |
Finalidade |
Total subvención |
|
Viegon Group, S.L. |
Proxecto básico e de execución dunha pensión en Meis |
304.546,77 € |
|
María Jesús Suárez García |
Restaurante Erbedeiro na Ribeira Sacra |
484.235,31 € |
|
Las Tres Islas Glamping Resort, S.L. |
Campamento de turismo de cabanas no contorno do Monte dos Pozos |
600.000,00 € |
|
Viegon Group, S.L. |
Proxecto básico e de execución para unha vivenda turística en Meis |
230.632,27 € |
|
Ruralife Galicia, S.L. |
Rehabilitación da minialdea do Roxo Seco en Trabada |
230.343,37 € |
|
Alovegal, S.L. |
Complexo turístico O Ferradal-Camping |
116.911,55 € |
|
Hispania Trust Enterprise, S.L. |
Rehabilitación dun inmoble para restaurante aldea rural Sanivoros |
82.174,65 € |
|
Edgar Vázquez Rodríguez |
Establecemento hoteleiro Figueroa |
105.830,66 € |
|
As Cabanas do Río Pego, S.L. |
Campamento de turismo de cabanas no contorno do Monte dos Pozos |
214.040,98 € |
|
Cesbe Gestión, S.L. |
Pensión na Teixeira, Ourense |
72.631,97 € |
|
San Vicente Turístico, S.L. |
Apartamentos Villa Galia no Grove |
356.794,35 € |
|
Betanzos House Real Estate, S.L. |
Betanzos House (Hotel) |
599.545,00 € |
|
Ana Lores Hermida |
O Descanso da Alma (Albergue) |
76.435,80 € |
