Na sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría agronómica, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, como anexo I a esta resolución, por orde das puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
Verónica Tellado Barcia
Presidenta do tribunal
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: subgrupo A1 (promoción interna).
Corpo/escala: corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría agronómica (2063).
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***1735** |
Suárez Redondo, Marcos |
Promoción interna |
77,340 |
|
2 |
***7935** |
Lugaro Seco, Pablo |
Promoción interna |
73,190 |
|
3 |
***4717** |
López López, María José |
Promoción interna |
70,430 |
|
4 |
***4683** |
Freire Rancaño, Mónica |
Promoción interna |
64,980 |
|
5 |
***0345** |
García Morrondo, David |
Promoción interna |
50,000 |
