Na sesión que tivo lugar o 16 de marzo de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
Segundo. De conformidade co disposto na base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Elevar a devandita relación de persoas aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarias de carreira.
Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
José Manuel González González
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: A1 (concurso-oposición).
Corpo/categoría: corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial (2064).
Prazas ofertadas de promoción interna: 2.
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación |
|
1 |
***1366** |
Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio |
Promoción interna |
65,130 |
|
2 |
***8328** |
Madriñán Siso, Ramón |
Promoción interna |
61,210 |
