Ana Barciela Soto, con DNI ***4668**, actuando como presidenta da Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira, por este anuncio convoca para o vindeiro día 25 de abril de 2026, na Unión Veciñal, Cultural e Deportiva de Candeán (Vigo), ás 19.00 horas en primeira convocatoria e ás 19.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura das actas anteriores.
2. Informe de xestión da comunidade.
3. Contas do exercicio 2025.
4. Cota para o ano 2026.
5. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.
6. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
7. Ratificación de novos usuarios e cambios de titularidade.
8. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións no nome da comunidade.
9. Adopción de acordos sobre incumprimentos dos usuarios.
10. Rogos e preguntas.
Vigo, 3 de marzo de 2026
Ana Barciela Soto
Comunidade de Traída de Augas de Candeán Rabadeira
