Manuel Iglesias Pérez, actuando como secretario da Comunidade de Usuarios de Marcosende-Zamáns, convoca o vindeiro 19 de abril de 2026 no local da asociación de veciños de Zamáns, ás 11.30 horas en primeira convocatoria, e ás 12.00 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria para a aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día:
1. Lectura das actas anteriores.
2. Informe de xestión da comunidade.
3. Xunta directiva, xurado e suplentes.
4. Adhesión a Coxapo.
5. Adopción de acordos sobre as cantidades debidas polas persoas usuarias.
6. Aprobación das contas do exercicio 2025.
7. Actualización de prezos.
8. Altas, baixas e cambios de titularidade.
9. Facultar a xunta directiva para solicitar subvencións e axudas no nome da comunidade.
10. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.
11. Rogos e preguntas.
Vigo, 4 de marzo de 2026
Manuel Iglesias Pérez
Secretario da Comunidade de Usuarios de Marcosende-Zamáns
