DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20317

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 20 de marzo de 2026 pola que se nomean as persoas titulares das notarías con destino no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

O nomeamento dos/das notarios/as que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, do 19 de xaneiro de 2026, resolto pola Resolución do 9 de marzo de 2026, e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, co Decreto da Xunta de Galicia 136/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

DISPOÑO:

Nomear as notarias e notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

• Carmen Susana Mora Ferreiro, notaria de Vimianzo, para a notaría de Sada.

• Enrique Manuel Hernanz Pérez, notario de Becerreá, para a notaría de Ponteceso.

• Carmen Temperán Isorna, notaria de Outes, para a notaría de Baiona.