DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Santa Eulalia, número 217, situada no termo municipal de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental presentados xunto coa solicitude de ampliación da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Santa Eulalia, número 217, situada no termo municipal de Lugo, na provincia de Lugo, de titularidade de Mugrani, S.L.U.

O que se fai público, facendo constar que, durante o prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o plan de restauración e o estudo de impacto ambiental estarán á disposición do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, e no portal web da dita consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 4 de marzo de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo