DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 27 de marzo de 2026 Páx. 20346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de emenda de erro material no acordo polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2024/311-1).

Expediente: IN407A2024/311-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Campiña.

Concello: Oza-Cesuras.

Feitos:

1. O 29.10.2025 acordouse someter a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no Concello de Oza-Cesuras. Este acordo foi publicado no DOG nº 225, do 20.11.2025.

2. No anexo do devandito acordo detectouse un erro material en canto ao metros cadrados aéreos de superficie de afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica da parcela nº 5.

Consideracións legais e técnicas:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, artigo 109, número 2.

De acordo con todo o indicado, resolvo rectificar o citado acordo, de xeito que onde di: «11,89», debe dicir: «933.0».

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles as persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de novembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Oza-Cesuras

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Bullo Escabezado 15064B509010490000YD

Rústico. Agrario. Matogueira

Antonio López Sánchez

1

2.0

30.56

345.0

2

Chousan 15064B509010820000YK

Rústico. Agrario. Eucaliptos

José Mario Vilariño, Martínez

67.64

832.0

3

Tarreo da Porta 15064B509011160000Y

Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras

Manuel Sánchez Bermúdez

2

2.0

6.4

134.0

4

Chousa de Roda 15064B509010830000YR

Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras

Hrdos. de Isaura Martín Seoane

119.98

1.918.0

5

Chousa da Roda 15064B509010850000YX

Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras

Encarnación Bermúdez Díaz

3

2.0

48.74

933.0

6

Chousa de Arriba 15064B509010860000YI

Rústico. Agrario. Eucaliptos

Manuel Sánchez Bermúdez

36.78

1.189.0

7

Revolta da Campiña 15064B509007250000YS

Rústico. Agrario. Matogueira

José Novo Bermúdez

0.0

475.0

8

Revolta 15064B509007240000YE

Rústico. Agrario. Matogueira

Manuel Gutiérrez García

0.0

511.0

9

Alto

15064B509010880000YE

Rústico. Agrario. Matogueira

Luis Bautista Balle

4

2.0

18.4

459.0

10

Alto

15064B509010890000YS

Rústico. Agrario. Eucaliptos

Balbina Sánchez Bermúdez

5 (CTI)

2.0

13,34

482.0

11

Revolta

15064B509007230000YJ

Rústico. Agrario. Matogueira

Avelia Couceiro Rilo

0.0

114.0