Mediante a Resolución reitoral do 21 de febreiro de 2025 (DOG do 5 de marzo de 2025 e BOE do 19 de marzo de 2025), convocáronse probas selectivas para cubrir oito prazas vacantes da categoría profesional auxiliar técnico/a de servizos, pola quenda de acceso libre.
Mediante a Resolución reitoral do 24 de abril de 2025 (DOG do 6 de maio) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego), o día 24 de abril de 2026, ás 9.30 h, nas aulas 10 e 16 (planta baixa), da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026
(Resolución da Secretaría Xeral, do 12 de marzo de 2026)
Antonio López Díaz
Reitor en funcións da Universidade de Santiago de Compostela
