Serafín Sotelino Lorenzo, veciño de Redondela, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios do Escredo, mediante este anuncio convoco o vindeiro 25 de abril de 2026 na zona deportiva ao lado do parque infantil, ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral extraordinaria para aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día:
1. Ratificación da Xunta Directiva.
2. Facultar a Xunta Directiva a tramitar a novación da concesión da comunidade.
Redondela, 25 de febreiro de 2026
Serafín Sotelino Lorenzo
Presidente da Comunidade de Usuarios do Escredo
