DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20519

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de San Andrés de Figueirido-Vilaboa

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

Manuel Gil Ríos, DNI ***5516**, veciño de Vilaboa, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de San Andrés de Figueirido-Vilaboa, pola presente convoco o 18 de abril de 2026 na Casa da Cultura de Figueirido, ás 9.30 horas, en primeira convocatoria e ás 10.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria para aprobación, se procede, dos puntos da seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación das actas anteriores.

2. Informe de xestión da comunidade.

3. Futuras obras a curto e longo prazo.

4. Xunta Directiva, Xurado e suplentes.

5. Contas do exercicio 2025.

6. Altas, baixas e cambios de titularidade.

7. Análise de situación de uso indebido de auga.

8. Orzamento para o exercicio 2026.

9. Facultar a Xunta Directiva para solicitar subvencións no nome da comunidade.

10. Límites de consumo de auga en períodos normais ou excepcionais.

11. Rogos e preguntas.

Vilaboa, 26 de febreiro de 2026

Manuel Gil Ríos
Presidente da Comunidade de Usuarios de San Andrés de Figueirido-Vilaboa