DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20518

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Esteticar Vigo, S. Coop. Galega

ANUNCIO de disolución da cooperativa.

De acordo co disposto no artigo 87 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, faise público que na asemblea xeral universal de Esteticar Vigo, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 29 de xaneiro de 2026, se acordou por unanimidade de votos iniciar o proceso de disolución e nomeamento de liquidador da cooperativa.

Bembrive-Vigo, 29 de xaneiro de 2026

Samuel Posada Fernández
Administrador de Esteticar Vigo, S. Coop. Galega