DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20517

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 23 de marzo de 2026, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de nomeamento de persoal funcionario de carreira para ocupar unha praza de técnico/a superior de servizos económicos e outra de enxeñeiro/a industrial.

Mediante resolucións da concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda, do 5 de marzo de 2026 e do 20 de marzo de 2026, respectivamente, foron nomeadas como funcionarias de carreira as seguintes persoas: Ana María Martín Herrero, con DNI ***8948**, na praza de técnica superior de servizos económicos (subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior), e Ángel Pillado González, con DNI ***1182**, na praza de enxeñeiro industrial (subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior).

Vigo, 23 de marzo de 2026

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 4.7.2023; BOP de Pontevedra de 14 de xullo)
María José Caride Estévez
Concelleira delegada da Área de Goberno de Urbanismo e Vivenda