A Xunta de Goberno Local, na sesión do 20 de febreiro de 2026, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira, con cargo á praza vacante ofertada na oferta de emprego público 2020-2021-2022, de técnico/a da Administración xeral, enmarcada no grupo A de titulación, subgrupo A1, escala da Administración xeral, subescala técnica, clase superior, por promoción interna de:
• R. M. Otero Málvarez con DNI ***6573**.
A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia. De non facelo, procederase a declarala en situación cesante e consecuentemente decaída no seu dereito.
A este nomeamento dáselle publicidade conforme o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.
Vigo, 24 de febreiro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolución da Alcaldía do 26.9.2025 e Acordo
da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal
