DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 30 de marzo de 2026 Páx. 20443

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 20 de marzo de 2026 pola que se convocan os premios Santander X Spain Award 2026, Proxectos Emprendedores.

BDNS (Identif.): 894372.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894372

Primeiro. Persoas beneficiarias

Será beneficiario o alumando que está matriculado ou titulado recentemente (cunha antigüidade máxima de cinco anos desde o momento da súa graduación) nun grao, máster universitario ou doutoramento na Universidade de Vigo.

Segundo. Obxecto

O obxectivo do programa é recoñecer e potenciar no ámbito nacional iniciativas emprendedoras xurdidas na Universidade de Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras constan na Resolución do 20 de marzo de 2026 pola que se convocan os premios Santander X Spain Award 2026, Proxectos Emprendedores.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de seis mil euros (6.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será desde o 20 de marzo ata o 17 de abril de 2026.

Vigo, 20 de marzo de 2026

O reitor de Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade