O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Primeiro. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega da Industria Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2026
Alfredo Fernández Ríos
Director da Axencia Galega da Industria Forestal
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega da Industria
Forestal no terceiro cuadrimestre do ano 2025
|
Convenio |
Data da |
Achega económica da Axencia |
|
Convenio entre a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) e a Fundación Arume polo que se lle concede unha subvención autonómica á Fundación Arume para a dinamización sectorial, promoción e posta en valor da cadea monte-industria de Galicia no ano 2025 |
18.9.2025 |
59.284,34 € |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización da VIII edición da feira bienal Galiforest |
22.12.2025 |
125.000,00 € |
