De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 16 de marzo de 2026, do proxecto das plantas de almacenamento de enerxía en baterías (BESS) PB Navegantes 48 e PB Navegantes 49, de 25 MW cada unha, as plantas híbridas fotovoltaicas PHF Navegantes 48 e PHF Navegantes 49, unha subestación elevadora A Tapada 220/30 kV e unha liña aérea-subterránea de alta tensión a 220 kV de enlace, no concello de Rubiá (Ourense), promovido por Savanna Power Solar 18, S.L.U. e Savanna Power Solar 19, S.L.U.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
