DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20641

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 4 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramińal, Boiro e Porto do Son (expediente IN407A 2026/034-1).

Expediente: IN407A 2026/034-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV CIR-2 Barbanza-Palmeira: antiga Tambre-Palmeira.

Concellos: Ribeira, A Pobra do Caramińal, Boiro e Porto do Son.

1. Características técnicas:

Tendido do segundo circuíto LAT. Barbanza-Palmeira.

Tramo subterráneo: tenderase o cable en canalización de dobre circuíto desde a subestación Barbanza ata o apoio PAS dobre circuíto de transición entre o tramo subterráneo e o aéreo. Tanto a canalización de dobre circuíto coma o apoio PAS dobre circuíto son obxecto doutro proxecto (LAT 66 kV Barbanza-Palmeira).

No tramo aéreo tenderase un condutor sobre os apoios existentes da LAT Barbanza-Palmeira desde o apoio TA2 PDS [76]/TA2 BOI [76] ata a posición correspondente no pórtico da SE Palmeira. Os armados dos apoios existentes están actualmente preparados para a instalación dun segundo circuíto. Así mesmo, prevese a instalación dun novo apoio en configuración de dobre circuíto, que substituirá o entroncamento actual da liña de alta tensión (LAT) 66 kV Porto do Son/Palmeira, no apoio identificado como BAR-PMR C1/C2 [5N].

Adicionalmente, levarase a cabo a substitución de dous apoios da liña existente, debido a que presentan distancias antirregulamentarias respecto a liñas de media tensión (MT), unha vez instalado o novo circuíto nos apoios actuais.

Instalación dun novo apoio aéreo para permitir a chegada do circuíto á súa posición correspondente nas inmediacións da SE Palmeira.

Desmantelamento do condutor LA-180 en simple circuíto no van entre o apoio TA2 PDS[78] e o novo apoio proxectado BAR-PMR[5N]. Desmantelamento do condutor LA-180 en simple circuíto e cable de protección no van entre o apoio PDS-PMR [79] e novo apoio proxectado BAR-PMR[57N]. Desmantelamento de 3 apoios PDS-PMR[29][63][81]. Demolición das cimentacións dos apoios que se retiran e recheo das cepas retiradas dos apoios que se desmantelan. Desmontaxe das cadeas de illadores nos apoios que se desmontan e as cadeas do apoio de entroncamento.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 4 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Boiro.

LAT 66 kV CIR-2 Barbanza-Palmeira: antiga Tambre-Palmeira

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por
servidume de paso de
enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér

ml sot.

m2

aér.

m2 sot.

8

Barbanza de Cures

15011A98000145

Matogueira

CMVMC de Barbanza, Xaramelo e Granxa do Navío

Consellería do Medio Rural

(Servizo de Montes)

[5N]

5.0

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Ribeira

LAT 66 kV CIR-2 Barbanza-Palmeira: antiga Tambre-Palmeira

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por
servidume de paso de
enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2

aér.

m2 sot.

1

Folgoso e Río Portas

15074A03600693

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

12.0

2

Folgoso e Río Portas

15074A03600671

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

5.0

3

Folgoso e Río Portas

15074A03600691

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

2.0

4

Folgoso e Río Portas

15074A03600672

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

10.0

136.0

5

Folgoso e Río Portas

15074A03600692

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

6.0

88.0

6

Folgoso e Río Portas

15074A03600690

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

9.0

129.0

7

Folgoso e Río Portas

15074A03600689

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

3.0

44.0

9

Folgoso e Río Portas

15074A02800227

Pasteiros, piñeiral madeireiro

CMVMC Balteiro, Folgoso e Río Portas, Lobeiras, Lixó, Salmón e Recobo e Axeitos

Consellería do Medio Rural (Servizo de Montes)

[39N]

4.0

13

Cabriteiras

15074A03600686

Labor ou labradío secaño

José Andrés Gago Santiago

14.0

186.0

14

Cabriteiras

15074A03600684

Labor ou labradío secaño

Descoñecido

1.0

36.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.