DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 2 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Boiro e Porto do Son (expediente IN407A 2026/023-1).

Expediente: IN407A 2026/023-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LAT 66 kV Barbanza-Palmeira-Boiro e Porto do Son.

Concellos: Boiro e Porto do Son.

1. Características técnicas:

• Novo tramo de liña aero-subterránea de 66 kV, cunha lonxitude de 518 m, en canalización formigonada baixo tubo desde a SE Barbanza ata o novo apoio que instalará de transición aero-subterránea [1N]. O circuíto 1 instalarase con condutor cable RHZ1-20L(S)36/66 kV 1X630KAL+H165. O equipamento eléctrico do circuíto 2 é do alcance doutro proxecto (LAT 66 kV CIR-2 Barbanza-Palmeira: antiga Tambre-Palmeira).

• Instalarase un novo apoio metálico de transición aero-subterránea en dobre circuíto (BAR-PMR C1/C2 [1N]) baixo o trazado da LAT 66 kV Tambre II / Porto do Son / Boiro, a 182,49 metros do apoio PDS[76]/BOI[76].

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, que poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Boiro

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

3

Barbanza do Cures

15011A08100442

Matogueira

Comunidade de montes Barbanza, Xaramelo e Granxa do Navío

– Consellería do Medio Rural (Servizo de Montes)

1N

23.0

38.0

114.0

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Porto do Son

Núm. parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér

m2 sot.

4

Varios

15072A04860001

Matogueira

Comunidade de montes de Nebra

– Consellería do Medio Rural (Servizo de Montes)

127.0

379.0

6

Xamiñón

15072404800232

Matogueira

Hdos. de María Beceiro Sobrado.

29.0

86.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.