Mediante a Resolución de Presidencia do 9 de marzo de 2026, expóñense ao público as bases e a convocatoria para a provisión do posto dun/dunha técnico/a de proxectos, mediante concurso-oposición, en réxime de persoal laboral fixo a xornada parcial (50 %).
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na páxina web do Concello de Ribeira de Piquín (www.ribeiradepiquin.es) e no taboleiro de anuncios da Fundación TerrEo.
Ribeira de Piquín, 9 de marzo de 2026
Roberto Fernández Rico
Presidente da Fundación TerrEo
