DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20699

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para a cobertura definitiva de dúas prazas de persoal laboral fixo, correspondentes á categoría de técnico/a superior de investigación, polo sistema de concurso e pola quenda de acceso libre.

As condicións laborais dos postos rexeranse polo establecido no Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro, polo que se regula a organización, a promoción e a carreira profesional do persoal de investigación de carácter laboral nos organismos de investigación da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazas que se convocan:

– Técnico/a superior de investigación en servizos HPC-NRP: 6090013.

– Técnico/a superior de investigación en tecnoloxía educativa-NRP: 6090023.

O contrato de traballo laboral fixo será asinado consonte o establecido no artigo 28 do Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro, segundo as prescricións establecidas no texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1015, do 23 de outubro, e demais lexislación vixente que resulte de aplicación.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga e na páxina web:

https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia