No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 46, do 26 de febreiro de 2026, publícanse as convocatorias e bases específicas que regulan os procesos selectivos para o ingreso, nas prazas de persoal funcionario de carreira ou laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023 e 2024 que a seguir se sinalan:
– Unha praza de auxiliar arquivo (cota xeral), do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, grupo C-subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.
– Tres prazas de auxiliar sala (unha da cota xeral e dúas da cota de reserva a persoas con discapacidade), do cadro de persoal funcionario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase labores especiais, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.
– Dúas prazas de maquinista-condutor/a (cota xeral), do cadro de persoal laboral, grupo C-subgrupo C2, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.
Lugo, 4 de marzo de 2026
A presidenta da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 14.1.2026)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
