É obxecto deste anuncio o Decreto da Alcaldía de corrección de erros na Resolución da Alcaldía relativa á aprobación da oferta de emprego público do ano 2025, ditada pola Alcaldía o 15 de novembro de 2025.
Detectado erro de feito no anexo de prazas laborais acceso libre (sistema selectivo concurso-oposición), que foron publicadas no BOP de Lugo núm. 271, do 25 de novembro de 2025, e no DOG núm. 234, do 3 de decembro de 2025, acordouse realizar a seguinte corrección:
– Na praza con denominación «Oficial/a primeira condutor», no punto referente a «Total prazas», onde di «1» debe dicir «2».
Viveiro, 4 de febreiro de 2026
María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa
