DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20696

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución subsidiaria de limpeza de predios.

En aplicación do disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publícanse a referencia dun expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, da que o titular resulta descoñecido, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados, fronte a incendios forestais, e óptase expresamente pola execución subsidiaria.

O texto íntegro da orde de execución encóntrase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Titular catastral

Superficie de parcela non xestionada

m2

ha

3

160

36036A003001600000QD

En investigación

726,54

0,072654

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación; neste caso, coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 27 de febreiro de 2026

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa