DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente E-2030-C e cinco máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-2030-C e cinco máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titulares

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-2030-C

Preciosa Rey Lamas e Francisco Rey Corral

4,75 l/s

Río Mordón ou Maxarín

Rega

L: O Outeiro
P: Bardaos (Santa María)
C: Tordoia

E-1980-C

José María Sánchez Peteiro, Gabino Arias Vázquez, Dositeo Arias Vázquez, José Rodríguez Fandiño

0,41 l/s

Río Forra Cornas

Lavado de minerais e abastecemento dun garaxe

L: Vilariño
P: Roade (Santo André)
C: Sobrado

E-32-P

Andrés Touceda Búa

500 l/s

Río Bermaña

Forza motriz

L: A Ventosa
P: San Clemente de Cesar
C: Caldas de Reis

E-1074A-P

Rede Nacional dos Ferrocarrís Españois

1 l/s

Río Santa Comba

Usos domésticos

C: Pontevedra

E-62-4348-L

Dolores Lamalas Souto

2 l/s

Río Lameiriñas

Rega

L: Os Carballás
P: Nantón (San Pedro)
C: Cabana de Bergantiños

E-1119-P

Apolinar Contreras Piñeiros

0,60 l/s

Manancial de Casanova

Rega

P: Miñotos (San Pedro)
C: Ourol