DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 31 de marzo de 2026 Páx. 20677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de marzo de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A27.02295 e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación de visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.A27.02295 e catorce máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

DH.A27.02295

José Antonio Pedreira Alonso

13.3.2026

DH.A27.2010

Erundina Varela Lunas

13.3.2026

DH.A27.02209

Emilia Andia Varela, Obdulia Gayoso Andia

13.3.2026

E-58-1227-C

Vicenta Trinquete Candales

13.3.2026

2702-F-118

José García Nebril

13.3.2026

E-2024-C

Antonio Picos García, Emerenciana Pena Picos

13.3.2026

E-66-7666-C

José Meijido Rodríguez, Andrés Rodríguez Quintiana, José Lago Rodríguez, Salvador Lago Rodríguez, Dolores Lago Rodríguez, Teresa García Lago

13.3.2026

E-158B-C

Herminia Mechoso Aneiros

13.3.2026

E-1320-C

Cristóbal Martínez Barcía

13.3.2026

DH.A15.11008

José García Santiso

13.3.2026

DH.A15.13699

Josefina Guerra Cacharrón,
José Moreigosa Barreiro

13.3.2026

DH.A15.13256

Comunidade de Usuarios do Lugar de Sar

13.3.2026

E-1005-P

Xunta de Abastecemento a Bases Navais

13.3.2026

DH.A36.4039

Hermanos Gregorio Gil, S.L.

13.3.2026

E-46-P

Cándido Seijo Vilas

13.3.2026