DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20831

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 24 de marzo de 2026 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR605C).

BDNS (Identif.): 880302.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880302

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/880311

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os solicitantes que presentaron a súa solicitude entre o 12 de xaneiro e o 20 de febreiro de 2026 poderán modificar a súa solicitude inicial dentro do prazo que establece esta orde.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural