DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 24 de marzo de 2026, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a baremación provisional da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.5 da convocatoria.

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego publico de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque «resultado», que se amosará no momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. De acordo co establecido na base II.5 da convocatoria, as persoas baremadas poderán formular unha reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As reclamacións presentaranse a través da canle do emprego público de Galicia (Fides) na epígrafe «inscrición en procesos selectivos». Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso selectivo a que se refire esta resolución no cal desexa formular reclamación, no bloque «Que podo facer?», «presentación de alegacións».

Terceiro. Sen prexuízo do cumprimento do disposto no punto terceiro da Resolución do 25 de febreiro de 2026 (DOG núm. 41, do 3 de marzo) pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo, as persoas aspirantes baremadas deberán ter en conta que a forma documental de acreditar os méritos neste proceso é a que figura contida no anexo III da Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro).

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026

María Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal