Na sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de setembro de 2025 (DOG núm. 182, do 22 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de recursos naturais e forestais, convocado mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG núm. 131, do 10 de xullo),
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar na súa totalidade as alegacións recibidas ás notas do primeiro exercicio, de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 14 de abril de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no seminario B da Escola Galega de Administración Pública, na rúa Madrid, núm. 2-4 (Fontiñas), en Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
