DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 17 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de funcionalidade ou uso do solo de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde (Lugo) (expediente 2025/0160).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 17 de marzo de 2026, do proxecto de cambio de funcionalidade ou uso do solo de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de Montecubeiro, no concello de Castroverde (Lugo), promovido por Ganados José 2012, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade