De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Lugo, 16 de marzo de 2026
Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
|
ANI-LU-0077/2025-V |
46626153R |
Proposta de resolución |
Pola instrutora |
