DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 1 de abril de 2026 Páx. 20792

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026 (códigos de procedemento ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Advertido un erro na versión en galego da orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 11, do 19 de xaneiro de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 4564, no segundo parágrafo do punto 2, onde di:

«1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC rematen o desfrute desa axuda no ano 2025 ou conten cunha prórroga do ERC para a súa execución. A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, e se poderá transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se manteñen estas condicións».

Debe dicir:

«1. Liña de reforzo de traxectoria investigadora consolidada: persoal investigador con vinculación laboral estable nunha universidade do SUG que, tendo recibido unha axuda Starting Grant do ERC rematen o desfrute desa axuda no ano 2025 ou conten cunha prórroga do ERC para a súa execución. A axuda unicamente estará vixente sempre e cando a persoa investigadora manteña a dita vinculación estable coa entidade beneficiaria que a presenta como candidata, e non se poderá transferir a outro investigador ou investigadora se por calquera causa non se manteñen estas condicións».